• Studies

Construíndo o Territorio das Mulleres

1 de Maio de 2019
por: TM

Guía-resumo que dá conta da acción municipal de goberno encamiñada á promoción de políticas feministas en Santiago de Compostela ao longo do mandato 2015-2019.

  • Studies

Manual de identidade visual TM

20 de Decembro de 2018
por: TM

Compostela, Territorio das Mulleres constitúe unha intervención singular na cidade, que busca multiplicar as iniciativas en materia de igualdade e maximizar o seu impacto social.

  • Studies

Estudo das violencias machistas na adolescencia temperá

31 de Outubro de 2018
por: Observatorio de Igualdade de Xénero

Estudo elaborado polo Observatorio de Igualdade de Xénero no que se analizan as violencias machistas na adolescencia temperá.

  • Studies

Premio Xohana Torres

8 de Marzo de 2017
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

Desde o ano 1992 ata o 2011, o Concello de Santiago convocou de forma ininterrompida o premio Xohana Torres, unha convocatoria anual que serviu para premiar moitos traballos de investigación ou ensaio (humanísticos, social, científico) sobre a historia e o papel das mulleres no ámbito de Galicia.

tm_compostela_toponimia_urbana_10
  • Studies

Toponimia urbana de Compostela, un ámbito de igualdade?

15 de Febreiro de 2017
por: María Novas

Na vontade institucional por atallar as desigualdades entre os diferentes grupos sociais, o rueiro da nosa cidade, expoñente da memoria colectiva no espazo público, non é unha excepción. A análise dos topónimos urbanos de Santiago de Compostela é clave na construción dunha cidade que sexa un ámbito de igualdade.

tm_arquitectas
  • Studies

Arquitectas e (des)igualdade no panorama da arquitectura contemporánea en Santiago de Compostela

11 de Xaneiro de 2017
por: María Novas

Os datos amosan unha ampla desigualdade no referente á presencia, recoñecemento e visibilidade das arquitectas que teñen traballado no panorama da arquitectura contemporánea da cidade de Santiago de Compostela nos últimos 60 anos. 

acción na praza do obradoiro
  • Campaigns
  • Videos

Campaña En Negro Contra a Violencia

25 de Novembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante as violencias machistas e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro desenvolveuse conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”.

Alfombriña Linguaxe Inclusiva
  • Campaigns

Guía de linguaxe inclusiva

7 de Setembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Santiago elaboraron unha guía de linguaxe inclusiva para uso na administración local.

mandil-TM
  • Campaigns

Material de promoción de Territorio das Mulleres

12 de Xullo de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago.

Para facer visible o proxecto TM nos diferentes establecementos participantes, a Concellaría de Igualdade achega diferentes materiais que se facilitan no momento da sinatura do decálogo de compromisos de boas prácticas.

  • Agendas

Colectivos e asociacións

30 de Maio de 2016
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

En Compostela existen diversos colectivos, asociacións e entidades que están traballando activamente a prol da igualdade en diferentes ámbitos: pensamento feminista, empoderamento das mulleres, vindicación da diversidade etc. 

Presentación da diagnose en rolda de prensa, Concello de Santiago
  • Studies

Diagnose Igualdade Compostela

1 de Xaneiro de 2016
por: Cidadania Sociedade Cooperativa Galega

A diagnose sobre as desigualdades de xénero en Compostela pretende ser o marco sobre o que asentar a actuación municipal no desenvolvemento das políticas de igualdade. O estudo está formado por unha parte cuantitativa de análise da información e outra cualitativa, sustentada nun proceso participativo.

Compostela-en-negro-2015
  • Campaigns
  • Videos

Compostela en negro

25 de Novembro de 2015
por: Uqui Permui

Unha acción colectiva en contra da violencia machista que contou coa participación de máis de 300 establecementos comerciais e diferentes axentes sociais de Compostela.  Conseguiu tinguir de negro a cidade durante a semana do 19 ao 25 de novembro, en sinal de loito e dor por todas as mulleres que sofren violencia.

hostalería santiago
  • Studies

O sector hostaleiro en Santiago de Compostela: afiliación, formación e condicións laborais

6 de Outubro de 2015
por: Quadernas Consultoría

Dada a importancia  da hostalería na economía de Compostela, a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo realizou un estudo sobre a situación laboral das persoas traballadoras no sector.