Campaña En Negro Contra a Violencia
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante as violencias machistas e con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro de 2015, o Concello de Santiago puxo en marcha a campaña de sensibilización “Compostela, en Negro”. A acción, que apoiaron máis de cincocentos establecementos, consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Reportaxe da acción "Compostela en Negro":
Dada a incidencia da campaña o ano pasado, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, este ano, dezaseis concellos galegos decidimos unir os nosos esforzos para desenvolver conxuntamente a campaña de sensibilización “En negro, contra a violencia”. A través desta iniciativa, os concellos de A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas quixeron situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.
Versión curta (2’):