Colectivos e asociacións

30 de Maio de 2016
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

En Compostela existen diversos colectivos, asociacións e entidades que están traballando activamente a prol da igualdade en diferentes ámbitos: pensamento feminista, empoderamento das mulleres, vindicación da diversidade etc. En Territorio das Mulleres queremos recollelas a todas para poñer a disposición da cidadanía información relativa ao seu labor e contacto.

 

Andaina. Revista de pensamento feminista

revistas andaina

Desde o ano 1983 ata agora, Andaina ten as súas páxinas abertas aos debates do feminismo, ás denuncias pola discriminación, ao intercambio de experiencias etc. Unha revista feita por mulleres que colaboran desinteresadamente e que se financia só co apoio das socias e das subscricións.

Ademais da edición impresa, está dispoñible en formato en liña.

 

Lésbicas creando

lesbicas creando contra a violencia de xenero

Lésbicas Creando é un proxecto baseado no Empoderamento Feminista, que sitúa as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro de acción, poñendo a voz e o corpo en primeira persoa, creando realidade e posibilidades. 

 

Mulheres Nacionalistas Galegas 

Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) é unha organización feminista que loita pola emancipación das mulleres galegas e a construción dunha sociedade libre de explotacións, o que supón a toma de conciencia das mulleres como colectivo humano obxecto de discriminación e marxinación nunha sociedade patriarcal, contra a que as MNG combaten.

Tamén podes atoparnos en Deliberadamente feministas, e nas RSS no twitter e Facebook

 

Plataforma Feminista Galega

A Plataforma Feminista Galega nace como un instrumento de participación e acción política, para promover a coordinación de organizacións feministas, partidos políticos, sindicatos e persoas en defensa e promoción dos dereitos das mulleres.

Co obxectivo prioritario de acadar unha ferramenta común que artelle o traballo da loita pola igualdade e contra o machismo nas súas diferentes manifestacións, mulleres integrantes en entidades feministas, agrupacións, sindicatos e partidos políticos, así como moitas outras independentes, agrupáronse nesta plataforma. A unión das mulleres ten demostrado un maior nivel de eficacia nas principais reclamacións e, con ese lema de traballar xuntas, é que nace a PFG.

Nas RRSS podes atoparnos no twitter e Facebook