Ámbito da cultura
Para que se reproduzan desigualdades de xénero no ámbito da cultura debemos ter en conta varios factores. Por unha banda, os desaxustes no uso dos tempos entre homes e mulleres condicionado polos traballos reprodutivos inflúen para que os hábitos culturais tamén sexan diferentes e, por tanto, para que o acceso á oferta cultural non sexa equitativo. Por outra banda, é necesario pór o foco de atención na creación da cultura. Ademais dos desequilibrios que existen na profesionalización das mulleres e homes neste ámbito, existen desigualdades nas condicións laborais que afectan a unhas e a outros. No ámbito cultural existen diferentes áreas de especialización, algunhas delas tradicionalmente masculinizadas (como a música, o audiovisual...) e outras feminizadas (como a danza). Se atendemos á ocupación de cargos de toma de decisións, o teito de cristal é notable debido ás barreiras que impiden que as mulleres accedan ao cargos de poder.
Polo momento este apartado non conta con información. Con todo, mostramos unha proposta de indicadores e premisas para guiar futuros estudos que visibilicen e analicen as desigualdades existentes na cidade, extraídas do estudo cualitativo realizado.
Hábitos de vida
Considérase pertinente indagar acerca das desigualdades de xénero no tempo dedicado ao consumo de actividades culturais, tendo en conta a idade, o nivel de estudos e a zona residencial (urbano/rural).
Participación como creadoras
Neste apartado apúntase o estudo das desigualdades entre mulleres e homes que son axentes culturais segundo remuneración. Considérase necesaria a desagregación por subáreas de produción cultural: música, literatura, cine, artes gráficas e artes escénicas.
Presenza feminina en áreas de toma de decisións
Neste apartado sinálase a necesidade de avaliar os desequilibrios nos postos de dirección de organizacións, entidades ou asociacións culturais.