Espazo público
O urbanismo tradicional desenvolveuse tomando como modelo un paradigma de habitante minoritario cun traballo produtivo remunerado, vehículo privado e que usa os tempos seguindo unha lóxica mercantil. A distribución do espazo público pensando unicamente nesta categoría deixa de lado as necesidades relacionadas coa vida cotiá como os coidados e as relacións entre as persoas. Deste xeito, neste apartado preténdese estudar se a esfera reprodutiva na orde de xerarquías da cidade, así como se o espazo público é seguro e favorece a inclusividade, ou se está adaptado e acondicionado para garantir o acceso, a mobilidade e a reprodución de coidados de todas as persoas. Ademais, é importante indagar sobre a existencia de mobiliario e equipamentos urbanos que garantan a participación social, comunitaria e política das mulleres e respondan ás súas demandas.
Polo momento este apartado non conta con información. Con todo, mostramos unha proposta de indicadores e premisas para guiar futuros estudos que visibilicen e analicen as desigualdades existentes na cidade, extraídas do estudo cualitativo realizado.
Uso do espazo público e equipamentos
Considérase necesario indagar acerca da existencia de espazos (centros, instalacións e equipamentos) destinados aos coidados das nenas e nenos e as persoas maiores e/ou dependentes nos barrios e a súa relación cos espazos públicos da cidade. Ademais, cómpre avaliar en que medida existen desigualdades entre mulleres e homes no uso destes espazos.
Mobilidade
Ponse o foco de atención na valoración das desigualdades de xénero relativas ao uso do transporte privado e público, e no fomento dunha cidade de proximidade que pretenda solventar as restriccións espazo-temporais entre as infraestructuras relacionadas co desenvolvemento e mantemento da vida cotiá.
Accesibilidade
Sinálase á necesidade de avaliar as barreiras arquitectónicas nos barrios co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades e autonomía de todas as persoas, especialmente aquelas con mobilidade reducida.
Rede de Recursos Municipais
Posiciónase a valoración da cobertura dos equipamentos ou instalacións existentes na cidade destinados a vítimas de violencia machista e para o uso de colectivos feministas e de mulleres na cidade.
Seguridade
Enténdese preciso indagar sobre o sentimiento de temor e necesidade no espazo público específico dos grupos sociais máis vulnerables detectando problemáticas (iluminación suficiente, claridade de percorridos, vixiancia natural…).