Programa Vagalume
Rúa Loureiros, 3 / Tel.: 981 585 515 / 627 404 814
Vagalume, foi creado nos anos 90 a iniciativa das Irmáns Oblata e co apoio de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, como resposta integral ás necesidades e demandas das mulleres que están relacionadas co exercicio da prostitución e/ou que son vítimas de Trata con fins de explotación sexual.
Obxectivos:
- Coñecer de xeito directo a realidade da prostitución achegándonos para iso ós lugares onde se exerce: clubs, bares e pisos.
- Ser un lugar de referencia onde as mulleres e os seus fillos/as atopen apoio, información, orientación e poidan iniciar un proceso de recuperación.
- Mediar entre a muller e os distintos recursos
- Promover a súa autonomía
- Identificar, acoller e acompañar á muller obxecto de trata con fins de explotación sexual no proceso de recuperación persoal
- Informar e sensibilizar á sociedade en xeral da situaición da muller obxecto de explotación sexual e Trata
Proxectos cos que contamos:
- Centro de día: acollida, asesoría xurídica, orientación sociolaboral, atención psicolóxica e de saúde, obradoiros formativos, acompañamentos
- Piso de acollida e autonomía
- Centro psicofamiliar: levanse a cabo intervencións sociofamiliar e psicopedagóxica coa familia e na área psicolóxica, educativa, de saúde, de convivencia cos menores.
- Traballo de rúa: achegámonos ós lugares onde as mulleres exercen a prostitución para coñecer a súa realidade, as súas necesidades e as súas demandas, levar a cabo accións preventivas, informativas (sociosanitarias, proba rápida de VIH...), repartición de material profiláctico.