Programa Abramos o círculo
É un programa dirixido a homes que de forma voluntaria desexan mudar a súa situación e eliminar a agresividade na súa relación coa familia e en especial, coa súa muller.É un programa desenvolvido a través dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia de Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Abramos o Círculo artéllase cunha rede integrada por 75 psicólogas e psicólogos diseminados por toda Galicia. Traballan con dous obxectivos: por unha banda, previr a violencia de xénero e, pola outra, ofrecer atención e terapia a aqueles homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse dun xeito máis adecuado coa súa familia, e en particular, coa súa parella.
Poden acceder a este programa homes con problemas de control da violencia que, de forma voluntaria sin ser penados, desexen:
- Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia.
- Aprender a comunicarse mellor.
- Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade.
- Educar os seus fillos e fillas en igualdade.
- Asumir hábitos positivos de relación e convivencia.
Contémplanse dez sesións de asistencia psicolóxica individualizada, ampliables co consentimento da persoa coordinadora do Programa e a autorización da Secretaría Xeral de Igualdade. Garantindo unha atención psicolóxica entre as 24 e 48 horas dende o momento da demanda