Pensión O Xardin de Julia
A ubicación de O Xardín de Julia é especial para aproveitar todo o que ofrece Compostela, como a veciña Praza de Abastos, unha das zonas de referencia para tomar as mellores tapas e pratos da cidade, con restaurantes como Café de Altamira ou O Curro da Parra.
Na planta baixa do hotel contamos cun salón de reunións no que poderás pasar o rato conversando e facendo plans con quen te acompaña na viaxe, con quen coñezas no xardín traseiro, ou simplemente sentar a ler e relaxarte nun espazo diferente ao do teu cuarto. O noso selo de identidade complétase cun espazo verde onde desconectar e viaxar a outro tempo.
En O Xardín de Julia entendemos que pensar a cidade desde a perspectiva igualitaria e integradora que nos propón Territorio das Mulleres é unha oportunidade para identificar as necesidades e inquedanzas das viaxeiras que visitan Compostela.