Centro de información ás mulleres do Concello de Santiago
Servizo destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, información en materia de recursos e asesoramento e orientación social, ás mulleres de Santiago de forma individual ou colectiva.
Teléfono: 981542465 (0 para galego e 1 para castelán)
Marcar 3 para Igualdade: 1 Cita previa, 2 Atención social, 3 Atención psicolóxica, 4 Asesoramento xurídico e 9 para falar cun operador ou operadora
Correo electrónico: cim@santiagodecompostela.gal
Citas a través da web
HORARIO
De luns a venres de 08:00 a 15:00 h. (o horario de verán é de 08.00 a 14.00 h.)
Atención social, psicolóxica e xurídica, con previa cita. Atención de urxencia, diaria.
SERVIZOS
- Asesoramento xurídico
- Atención psicolóxica
- Atención social
Tamén se ofrece información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero ás persoas de forma individual, a grupos e colectivos de mulleres e, tamén, a operadores e axentes sociais da cidade.
A gratuidade de todos os servizos e a vocación de servizo público rexen o funcionamento do centro, que tamén garante o anonimato na identidade das usuarias e o respecto á vontade das mesmas na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
OUTROS TELÉFONOS DE INTERESE
Policía Local: 092
Policía Nacional: 091
Urxencias Médicas: 061
Emerxencias: 112
Teléfonos gratuítos da muller 24h: 900 400 273 e 016
Teléfono de información sobre os dereitos das mulleres (Ministerio): 900 19 10 10