Un percorrido indispensable polo Curtocircuito 2021 a través da obra de oito mulleres creadoras
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine celebra a súa 18ª edición do 2 ao 10 de outubro consolidando una programación arriscada e interdisciplinaria que fai de Santiago de Compostela o punto de encontro de todas as artes. Durante 9 días, a cidade converterase en punto de referencia cun completo programa de actividades que gravitarán ao redor das últimas tendencias cinematográficas e das artes visuais.
De forma involuntaria, a programación de cinema crea percorridos posibles a través de todo un festival. O equipo do festival propóñennos aquí oito filmes de oito mulleres creadoras que, desde as súas diferencias, falan de temas actuais desde distintos formatos. Temas nos que hai espazo para falar o aspecto máis emocional de todas nós, pero tamén da morte e da dó, ou da necesidade de atopar e reivindicar espazos propios sen ter que precisar os por ques. Un percorrido de oito filmes nos que buscaremos unha definición para nós mesmas, feita por nós mesmas e axustable á nosa diversidade.
Point and line to plane, Sofia Bohdanowicz | INFO. Sección: RADAR. Unha muller busca na arte o significado á morte dun amigo. A arte é a porta a novas percepcións que non están no mundo material.
Motorway 65, Evi Kalogirapolou | INFO. Sección: RADAR. O peche da fábrica da cidade de Elefsina é o escenario para o retrato da relación de dous irmáns.
Corps Samples, Astrid de la Chapelle | INFO. Sección: EXPLORA. Un percorrido pola obsesión dos humanos de acadar os cumes máis altos. Morte e ambición van da man neste documental etnográfico sobre o Everest.
Pseudosphynx, Ana Vaz | INFO. Sección: EXPLORA. Bruxas e bolboretas combínanse nun baile rítmico que fala de colonialismo e feminismo. A historia das que, por ser diferentes, foron tildadas de perigosas.
Formigón, Antía Carreira | INFO. Sección: PLANETA GZ. Unha nave industrial abandonada é o espazo para a autoexpresión dunha mocidade criada entre crises e cuxa identidade é autocuestionada.
Unicornio, Irati Gorostidi | INFO. Sección: PENÍNSULAS. Atopar o espazo propio sen dar explicacións a ninguén. Só a natureza pode comprender os sentimentos que quedan sen pronunciar. Unha muller fuxe. No camiño, faise amiga dun cabalo.
Jo ta ke (Non stop), Aitziber Olaskoaga | INFO. Sección: PENÍNSULAS. Se o presente debe ser cuestionado, o pasado tamén. A historia é o que nos contaron que era, pero non ten por que ser a verdade. Unha revisión ao conflicto vasco desde un prisma que lanza preguntas sen resolver.
Sisters with Transistors, Lisa Rovner. Sección: PLAYLIST. Percorrido documental polas precursoras da música electrónica. Nomes descoñecidos que debemos vindicar para entender as verdadeiras orixes do que hoxe nos fai bailar.
Curtocircuíto é unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, co apoio da Deputación da Coruña, AGADIC Xunta de Galicia - Xacobeo 21-22 e ICAA. Tamén conta coa colaboración de Turismo de Santiago, Santiago de Compostela Film Commission, Secretaría Xeral de Política Lingüística, CREA, AGAG, RC Service, Gadis, Renault Caeiro, Cuarto Pexigo, D. Pedro Soutomaior, Cabreiroá, Galicia Calidade, Instituto Camoes, USC e ECAM.