Trisquel Artesanía
Máis de catro lustros conforman a esencia de Trisquel Artesanía. Dende o 1 de xaneiro do ano 1998 no que abrimos as portas na Rúa da Acibechería en Santiago de Compostela. Sendo naquel entonces a música tradicional galega o eixo das nosas vidas, a nosa empresa sigue hoxe en día poñendo en valor a música galega e a artesanía, promovendo o valor cultural e a riqueza que ambalas dúas proxectan da Galicia.
A nosa tenda, ao carón da Catedral de Santiago sigue mantendo esa condición natural que o paso dos anos pon en valor. Madeiras e pedra, que levan contemplando a chegada das xentes que peregrinan a Compostela dende hai séculos, ao tratarse da última rúa que comparten os Camiños Francés, Primitivo, Camiño do Norte e Camiño dos Ingleses. O noso local, no seu día, como a maioría dos locais da mesma rúa era un pequeno obradoiro artesanal de acibeche.
Por iso, a nosa tenda é o reflexo da nosa cultura e dos nosos valores.