Tapería O Piorno

[3/710]

Un sitio ideal para comezar o día en Compostela: almorzando, tomando un viño ou unha cervexa, xantando e, como peche, uns bos petiscos para a cea.

Todo iso ao redor dun servizo esmerado e sempre rodeado de compostelás e visitantes que nos coñecen ou veñen a coñecernos.

Gran localización, comida excelente, gran selección de viños e servizo amábel e profesional. Sempre coa especial mirada dos seus propietarios Martín e Xabier.