Revista Pincha
Somos unha revista especializada en dúas temáticas: cultura e gastronomía. A versión en papel publícase cada mes e distribúese de xeito gratuíto en Santiago e comarca e A Coruña e comarca (en meses alternos), en bares, restaurantes, centros socioculturais, bibliotecas e outros puntos de interese. Inclúe reportaxes, entrevistas e unha axenda cultural.
Estes contidos reprodúcense ademais na páxina web revistapincha.gal, portal no que tamén publicamos novas de actualidade cultural e gastronómica. Tamén as difundimos a través das redes sociais (facebook, instagram e twitter) e enviamos unha newsletter a máis de 3000 correos electrónicos inscritos.
A revista Pincha, que edita e dirixe a xornalista compostelá Rebeca Munín, distribúese desde maio do ano 2017. No 2020 gañou o Premio Manuel Beiras como empresa de nova incorporación ao uso do galego. No 2022 foi finalista dos Premios da Crítica de Galicia.