Pulpería O Piorno
Situado na rúa típica dos viños de Compostela, nel atoparán decoración sinxela con características de taberna tradicional onde poderán gozar dun polbo das nosas rías galegas, ademais das clásicas tapas típicas da nosa Galiza. Todo iso regado con viños e caldos do país e un esmerado servizo de atención de todo o persoal traballador.