O Centro Británico
No Centro Británico as mulleres son esenciais. Están presentes en todos os departamentos, desde a súa fundadora, Elena Martínez Bárcena, até o resto do equipo, na súa gran maioría formado por mulleres. Sempre comprometidas coa defensa dos dereitos das mulleres, no Centro Británico levamos máis de 40 anos apostando pola educación e pola cultura como vías para medrar, persoal e profesionalmente, e para contribuír a facer unha sociedade máis igualitaria e formada.
O Centro Británico é un centro de idiomas creado en 1979 que ofrece cursos en inglés para todas as idades e niveis. Un referente na aprendizaxe do inglés na cidade que creou un proxecto educativo de máxima calidade e que soubo adaptarse ás novas necesidades, creando o seu propio sistema Go Hybrid! Grazas a el, alumnas presenciais e telepresenciais comparten un mesmo grupo coa mesma calidade e interacción, sen límites xeográficos, con maior flexibilidade e favorecendo a conciliación.
Ademais, asesoran sobre os mellores cursos no estranxeiro e desde 1985 forman parte de Cambridge Assessment English como centro autorizado para a organización de exames. Actualmente tamén son centro autorizado para impartir os cursos CELTA, a titulación máis recoñecida internacionalmente para profesoras de lingua inglesa para estranxeiros, e son centro examinador OET (Occupational English Test), unha proba de inglés que avalía as habilidades de comunicación lingüísticas dos profesionais da saúde.