Miraxe SCG
Miraxe, S. Coop. Galega somos unha cooperativa de traballo asociado dedicada ás artes escénicas. Integramos persoas das áreas da produción, da iluminación, do vídeo e do son. Somos un proxecto galego comprometido co sector. Os nosos obxectivos baséanse en garantir a dignidade e a estabilidade laboral das persoas, na integración da muller e da xente nova e no investimento na acción formativa continua.