Lusco & Fusco Bakery Café
Campo San Clemente, 11, baixo 15705 / Tel.: 717 706 878
Un café con moito encanto no que poder atopar pastelaría artesá de calidade ao estilo estadounidense, elaborada con igredientes frescos e naturais e moitas doses de cariño.
Este espazo pode presumir de servir un dos mellores almorzos de Santiago de Compostela: nel podes gozar dun bo café, té ou chocolate, acompañado por un delicioso anaco de tarta nun entorno agradable e acolledor. E por se isto fora pouco, dende Lusco & Fusco Bakery Café tamén se promoven interesantes actividades como exposicións de mulleres fotógrafas, noites de película ou intercambios lingüísticos en inglés, entre outras!