La Tienda de María

[3/682]

La Tienda de María é unha tenda especializada en artigos para bebés: roupa, vestiduras para cuna, mantas, sacos e bolsos para o carro, produtos de puericultura, etc.

Presentes no Ensanche compostelán dende hai case 30 anos, somos un punto de referencia para futuros papás e avós, así como para aquelas persoas que buscan un agasallo especial coa chegada dun novo membro á familia.

Artigos personalizados (mantas, xogos de sábanas, bolsos…), tortas de cueiros e cestas de nacemento son a nosa especialidade.