El Point

[3/378]

Lugar con moita historia na cidade compostelá situado en Caldeirería 26. Ideal para comezar a tarde cun bo cóctel, viño, caña, cervexa artesá, un bo café ou un servizo de cachimba (shisha ou narguille). Dirixido polos seus propietarios Wendy e José Manuel, unha parella xove que permite ademais o acceso de cans, cousa que lle permite á clientela poder degustar un “mojito”, espresso Martini, caipiriña, vermú ou calquera cóctel acompañada sen ningún problema da súa mascota.

Ambiente acolledor. Unha temática que gustou polo seu estilo composto por dúas plantas e un patio interno que é máis privado para esa clientela que desexa tomar algo tranquila ou reservar para un aniversario.