Conchi Penedo Fogar

[3/724]

Somos unha empresa familiar fundada por miña nai, Mercedes, e máis por min hai máis de 20 anos. Ela viña do mundo da ensinanza de confección de roupa e eu xa levaba varios anos noutras empresas adicadas ao fogar, mobiliario e decoración en xeral. Se non fose por ela, isto non se houbese levado a cabo. Adicámonos a vestir os fogares, facelos o máis acolledores posible e procurando que cada un deles leve a pegada da súa dona ou dono.