Chimpos

Deseño, confección e aluguer de vestiario artístico e disfraces
[3/667]

Ao longo dos nosos 20 anos de traxectoria colaboramos nunha gran variedade de proxectos: o aluguer dunha mascota para os aniversarios do peque, o aluguer do vestiario para unha voda medieval, aluguer de disfraces para entroido, aluguer de traxes rexionais para os e péquelas, confección e aluguer de traxes de Rei Mago ou Papá Noel, confección de capas para ordes civís, confección de vestiario para compañías de teatro, colaboración en departamento de vestiario de series como Auga Seca, Hierro ou Rapa, etc. Todo iso serviu para dar forma a este soño que entre tod@s fixestes realidade.
Esperámoste para seguir vestindo as túas ilusións.