Café Xardín Costa Vella
Porta Da Pena, 17, 15704 / Tel.: 981 56 95 30
A popular terraza do Hotel Costa Vella comunica coa rúa por un portalón único na zona vella. Vellas maceiras, limoeiros, magnolios e un tradicional emparrado adosado á muralla medieval crean un oasis urbano ao redor da fonte e un escenario ideal para almorzos tranquilos ou tardes de vagar entre amigas. Un espazo onde converxe en harmonía o legado histórico cun deseño integrado e confortable.
Un símbolo da cidade, aberto a toda a veciñanza, que queremos sexa tamén parte de Compostela, territorio das mulleres.