Boles Galicia

[3/387]

Boles parte da observación do pequeno comercio en Santiago de Compostela. Detectada a necesidade de dar forma a un lugar onde se lle concedera valor á nosa artesanía tradicional e contemporánea, xurde este establecemento, centrado sobre todo na cociña e a mesa, por iso ten tanto sentido o slogan "Artesanía útil". En Boles podes atopar deseño, personalidade, tradición... todo elo en pezas únicas feitas por verdadeiros mestres e mestras artesáns de orixe galego.