AUDITORIO DE GALICIA

[0/0]

O Auditorio de Galicia é un organismo autónomo local dependente do Concello de Santiago de Compostela. Ten a encomenda estatutaria da realización das actividades culturais da Concellería de Acción Cultural que xestiona baixo a marca Compostela Cultura.

Inaugurouse o 20 de outubro de 1989 coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia e convertelo no centro, por excelencia, para a recepción das manifestacións culturais que a cidade xera, e así mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia.

Este recinto polivalente, cun suxestivo espazo arquitectónico proxecto de Julio Cano Laso, participa dunha situación intermedia entre o urbano e o paisaxismo natural, rodeado de amplas zonas verdes e un lago artificial. Grazas ao extraordinario deseño acústico de Lothar Cramer permitiu desenvolver en condicións inmellorables, ao longo destes máis de 30 anos, unha intensa e rica actividade cultural que inclúe ópera, teatro, danza, concertos, exposicións, etc.

O Auditorio de Galicia lidera o proxecto internacional Wom@rts, xunto a dez entidades socias da Unión Europea, para promover a presenza igualitaria de mulleres como axentes artísticos.

CONTACTO
Teléfono: 981 55 22 90
info@auditoriodegalicia.org
Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube