Árbore Azul

[3/454]

Árbore Azul é un proxecto que nace no 2020 da man de Raquel Senra (licenciada en Tradución e Interpretación, mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, e experta en Literatura Infantil e Xuvenil). 

Árbore Azul é un organismo vivo, que se adapta a cada idea, cada soño, cada proxecto, para lle aportar todo o seu coñecemento, creatividade e enerxía mediante tres vías: a tradución, a ilustración e a animación á lectura

Os proxectos que chegan a esta árbore xiran ao redor do mundo do libro e das artes, mais non só. A mirada está posta na cultura galega, en camiñar cara un mundo sostible, así como en traballar respectando a todas as persoas e seres que habitan o planeta. 

Navega pola páxina web para descubrir máis e tamén nas redes sociais: Instagram, Facebook e LinkedIn.