Vermú Feminista no Mercado da Estrela
17 de Decembro de 2016
O sábado 17 de decembro na praza 8 de Marzo, Compostela, Territorio das Mulleres participou no 5º Festival Aniversario do Mercado da Estrela dun xeito ben especial, coa degustación dos “Vermús Territorio das Mulleres”.
A partir das 13h o vermú María Balteira, María Castaña e Maruxa Mallo, foron os protagonistas da xornada: vermú tinto cunha rodaxa fina de laranxa, vermú branco aromatizado con vainilla e vermú mesturado aromatizado con canela, respectivamente. Unha difícil escolla para unha xornada festiva na que reinvidicar a igualdade.