Retomamos a campaña "Oes, ti" de prevención da violencia sexual

10 de Maio de 2023

"Oes, ti" é unha campaña de prevención da violencia sexual, dirixida á educación en masculino.

A campaña espallará novamente pola cidade unha serie de mensaxes claras e concisas sobre o consentimento e a liberdade sexual das mulleres.

Estas mensaxes serán colocadas nos establecementos adheridos ao programa 'Compostela, Territorio das mulleres' de xeito que a cidade pase a ser un espazo libre de violencia sexual.

Aquí vos achegamos os carteis que forman parte do "Oes, ti" coas mensaxes:

- 'Oes, ti, se dixo que non é que non'.

- 'Oes, ti, se non dixo nada é que non'.

- 'Oes, ti, camiña soa porque é libre'.

- Oes, ti, só o sexo en liberdade é sexo'.