Resolución da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBQI

31 de Agosto de 2022

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 12 de agosto de 2022 aprobou a concesión de subvencións para o fomento de actividades e programas a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, Queer e intersexual (LGTBQI) de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2022.

Resolución convocatoria

Segundo o disposto na Base  9. 5º das BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE PROGRAMAS E ACTIVIDADES EN PROL DA IGUALDADE EFECTIVA ENTRE MULLERES E HOMES E DAS PERSOAS DO COLECTIVO LÉSBICO, GAY, TRANSEXUAL, BISEXUAL, QUEER E INTERSEXUAL (LGTBQI) E DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, PARA O ANO 2022 faise público o acordo da XGL de 12 de Agosto de 2022 polo que se aproba a concesión de subvencións para o fomento de actividades e programas a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, Queer e intersexual (LGTBQI) de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2022, formulada pola comisión de avaliación o 08/07/2022 de conformidade cos criterios obxectivos de concesión previstos na base 10,  e conceder as subvencións detalladas na seguinte táboa segundo a orde de maior a menor puntuación acadada por cada unha das entidades solicitantes:

(Nº / Entidade solicitante / Título do proxecto / Puntuación / Importe) 

1 / ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN E INTEGRACIÓN DAS MULLERES GALEGAS DO RURAL (AGRA) / “XOGANDO SOMOS IGUAIS” / 79 / 2.500,00 €

2 / ARELAS. ASOCIACIÓN DE FAMILIAS DE MENORES TRANS / “DIVA: PROGRAMA DE FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ATENCIÓN ÁS PERSOAS LGTBIQA+ E FAMILIAS” / 76 / 2.500,00 €

3 / ASOCIACIÓN ARRAIANAS / “MULLERES NA RAIA” / 76 / 2.500,00 €

4 / FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS (FADEMUR) / “TEMPO DA IGUALDADE” / 74 / 2.500,00 €

5 / ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA (ACADAR) / “PROXECTO RECRÉATE” (4ª EDICIÓN) / 73 / 953,22 €

6 / ASOCIACIÓN PLATAFORMA POLO EMPREGO / “ACAROAR” / 73 / 2.500,00 €

7 / HOCKEY CLUBE RAXOI / V XORNADAS DE TECNIFICACIÓN E EMPODERAMENTO EN HOCKEY SOBRE PATÍNS FEMININO / 72 / 2.500,00 €

8 / ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA / “MULLERES SORDAS EN ACCIÓN” / 71 / 700,00 €

9 / SINDICATO LABREGO GALEGO / “LABREGAS E ESPAZOS DE VENDA” / 71 / 2.500,00 €

10 / ASOC. DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) / “PROGRAMA IX MULLER EN IGUALDADE” / 67 / 1.500,00 €

11 / ASOCIACIÓN CENTINELAS / "XUNTAS CARA A IGUALDADE" / 66 / 2.500,00 €

12 / ASOCIACIÓN DE EMPREGADAS DO FOGAR. XIARA / “ACHÉGATE A NÓS” / 65 / 1.500,00 €

13/ FUNDACION AMIGOS DE GALICIA / "TECENDO FÍOS DE CORES" / 62 / 2.500,00 €

14 / FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA / MULLER TEA: PROXECTO DE IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DO APOIO NAS SÚAS NECESIDADES” / 60 / 1.440,76 €