Recicla o xénero
A educación e sensibilización entre a mocidade é a mellor ferramenta para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Con motivo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago apostou pola intervención pedagóxica en materia de igualdade a través de la participación de 4 IES da cidade: Pontepedriña, Xelmírez 1, Antonio Fraguas e Fontiñas.
Este proxecto de sensibilización deseñouse como unha oferta lúdica e pedagóxica que levou á reflexión sobre roles e estereotipos de xénero, o mito do amor romántico e a sexualidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
No marco deste proxecto realizouse tamén unha análise sobre a percepción da violencia de xénero entre a mocidade, a partir da elaboración dun cuestionario e o correspondente traballo de campo entre as 363 alumnas e alumnos participantes nos obradoiros.