Presentación de TM

7 de Xuño de 2016
por: Concellería de Igualdade. Concello de Santiago

Esta tarde presentámos Territorio das mulleres no Museo do Pobo Galego, coa presencia de Martiño Noriega, Alcalde de Santiago; Marta Lois, Concelleira de Igualdade; Esteban Iglesias, director do NH Collection Santiago e Presidente de Unión Hotelera; Rita Sobrado, xerente do Hotel Real e da Pensión Mafer e Secretaria da Asociación Hostelería Compostela Sección Hospedaxe e Uqui Permui, deseñadora do proxecto. 

Logo da presentación tivemos tempo de compartir un viño coa acompañamento musical de Alba Triunvirato DJ.

O proxecto Compostela, Territorio das Mulleres, impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento económico e Turismo do Concello de Santiago, ten como finalidade implicar á cidadanía na construción dun modelo de cidade máis amigable para e coas mulleres.

 

Algúns dos amigos e amigas de Territorio das Mulleres deixáronnos un saúdo: