Oferta formativa para entidades adheridas: "Linguaxe e imaxe con perspectiva de xénero"

3 de Febreiro de 2022

Este mes de febreiro, as entidades adheridas a Compostela, Territorio das Mulleres participan nunha formación sobre Linguaxe e imaxe con perspectiva de xénero que desenvolvemos dende o equipo do proxecto para os establecementos e persoas que participades no programa.

Trátase dunha formación on line de 4h de duración que quere ofrecer unhas nocións básicas sobre como a linguaxe e as imaxes que empregamos no noso día a día transmiten valores e estereotipos que afectan ás vidas das persoas. Tamén se proporcionan lecturas para afondar nas temáticas que cada persoa considere máis interesantes e un resumo con consellos claros de fácil cumprimento.

Se formades parte do programa e tedes interese neste curso, pero non recibistes un correo informativo, por favor, escribídenos a territoriodasmulleres@gmail.com

Compostela, Territorio das Mulleres conta co apoio do programa #ReviveSantiago, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea "Unha maneira de facer Europa".