Obradoiro "Explorando a Sexualidade dos Homes"
O obradoiro "Explorando a Sexualidade dos Homes", dirixido ao público masculino e segundo deste tipo que organiza a Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, ten como obxectivo xerar un espazo de confianza no que identificar aspectos da sexualidade e as relacións dende unha perspectiva feminista. Neste contexto, busarase compartir inquietudes e dúbidas, así como mitos, recursos e ferramentas para poder vivir unha sexualidade satisfactoria e pracenteira e ter relacións interpersoais baseadas nos bos tratos.
O obradoiro será impartido pola traballadora social e sexóloga Verónica Ramilo e o traballador social e sexólogo Alfredo Saborido. O curso será os días 24 de marzo de 16 a 20 horas, o 25 de 10 a 14 horas e o día 26 de 10 a 14 horas no Matadoiro.
A actividade é gratuíta e está orientada aos homes, que poden inscribirse no correo electrónico micromachinhos@gmail.com. A inscrición será por rigorosa orde de chegada ao correo electrónico.
Esta acción impulsada pola Concellería de Igualdade, pretende pór de relevancia á importancia do papel que os homes poden xogar para construír un futuro de igualdade, tal e como sinala o documento elaborado pola ONU en 2008 sobre o papel dos homes e os nenos no logro da igualdade, contribuíndo a abrir camiños que nos leven a unha sociedade máis xusta con independencia do xénero.