O proxecto TM finalista en BID

10 de Xaneiro de 2017
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Bienal Iberoamericana de Deseño (BID), organizada pola Fundación Deseño Madrid, ten lugar cada dous anos na Central de Diseño de Matadero Madrid e é a cita máis importante do deseño contemporáneo iberoamericano. A BID consolidouse como un foro para xerar ideas e compartilas. 

O proxecto "Women's Terrain. Compostela, Territorio das mulleres" foi seleccionado finalista e presentado o día da inauguración da exposición pola deseñadora do proxecto Uqui Permui. Quen explicou como foi o proceso de creación e como segue evolucionando. A exposición con todos os proxectos seleccionados no BID está aberta ata o 29 de xaneiro na Sala Matadero de Madrid, posteriormente a exposición itinerará por diferentes países Iberoamericanos.