Literarias

1 de Marzo de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A través desta iniciativa convidamos ás librarías e editoriais de Compostela a que se implicasen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propuxémoslles que destacasen nos seus escaparates, zonas visibles, tendas en liña, redes sociais e páxinas web, escolmas de libros escritos por mulleres e/ou de pensamento feminista para poñer en valor a escritura de autoras [a través da poesía, a literatura, o teatro, o ensaio, a banda deseñada etc.] que fomente os dereitos das mulleres, visibilice a loita feminista e permita ollar máis aló dos estereotipos sexistas.

Nesta acción, enmarcada dentro da campaña 8 de marzo, participaron 19 librarías, editoriais e bibliotecas da cidade.