IV Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson

15 de Outubro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A USC, no marco do convenio de colaboración en materia de igualdade de xénero co Concello de Santiago de Compostela, convoca o IV Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson:

  • Dirixido a comunidade universitaria e exalumnado da USC.
  • As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 300 ppp, orientación horizontal e un tamaño A3 ou A4.
  • A temática das fotografías terá unha relación directa coas mulleres dende diversas perspectivas (visibilización do traballo, mulleres e ciencia, rompendo estereotipos de xénero...) premiándose a creatividade, innovación e o impacto da imaxe.

O prazo de presentación rematará o vindeiro 24 de outubro de 2016.

Máis información: Oficina de Igualdade de Xénero.