Guía de actuación para mulleres que estean sufrindo violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19 do Ministerio de Igualdade
O Ministerio de Igualdade pón a disposición da cidadanía a "Guía de actuación para mujeres que estén sufriendo violencia de género en situación de permanencia domiciliaria derivada del estado de alarma por COVID-19".
Podes descargala aquí.
A web do Ministerio lembra que a violencia de xénero non é un problema privado, é unha violación de dereitos humanos que incumbe a toda a sociedade, especialmente aos poderes públicos. Por iso, nesta situación de estado de alarma, coas dificultades que engade o illamento nos fogares e o peche de moitos servizos, desde o Ministerio de Igualdade queren informar a todas as mulleres que poidan estar sufrindo violencia de xénero das accións de prevención e resposta que seguen en marcha, especialmente se se trata de situacións de emerxencia.
Desde a Concellaría de Igualdade lembramos tamén que os teléfonos de atención do Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela seguen activos:
981 54 24 67
660 30 97 31
En caso de ser necesaria, articularase unha intervención presencial. O número gratuíto de asesoramento 016 segue a funcionar.