Galadas

5 de Marzo de 2016
por: Mercedes Peón

Con motivo do oito de marzo, e como presentación do proxecto Territorio das Mulleres, realizouse o evento Galadas na Sala Capitol. Producido por Mercedes Peón, e coa participación de Janet Novás, Mónica de Nut, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Ana García e Lucinda e as tocadoras de Toutón.

Foi un espectáculo único, de improvisacións e emocións, onde as artistas foron fiando actuacións multidisciplinares ata conseguir crear un potente corpo único.

 

Aquí podedes ver un resumo do espectáculo:

 

O fío condutor, segundo explicou a propia Mercedes Peón, pretende amosar a diversidade e pluralidade de construcións de xénero que poden estar presentes noutras expresións motrices alleas ao discurso hexemónico e ás lecturas patriarcais no eido da tradición musical e da danza así como tamén que o deseño das cidades non permite estas outras realidades ocultas no eido privado. A actividade apoiouse na intervención sonora e visual, mediante danza, vídeo e performance