Foro IV Plan de Igualdade

13 de Decembro de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Concellaría de Igualdade celebrou na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), un Foro dirixido aos colectivos e entidades de mulleres participantes no deseño do IV Plan de Igualdade de Xénero do Concello de Santiago.

Ao longo destes últimos meses conformáronse diferentes mesas de traballo onde se formularon as propostas e medidas para o deseño do IV Plan de Igualdade do Concello. En total, foron cinco as mesas deseñadas dentro do proceso participativo, no que participaron máis de 50 mulleres e entidades.

O Foro celebrado serviu para o intercambio de ideas e para facer unha posta en común do traballo das mesas. Ademais, foi un espazo para o encontro de colectivos e entidades, avanzando de cara á redacción dese Plan de Igualdade. A xornada de traballo tivo un broche de ouro inmellorable grazas á actuación das poetas Aladaolado, con María Lado e Lucía Aldao.