Formación en igualdade “A calidade da xestión pública municipal”

21 de Decembro de 2017
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo levou a cabo a acción formativa “A calidade da xestión pública municipal: enfoques e estratexias para a igualdade”.

A actividade tivo como obxectivos principais achegar ao coñecemento teórico e práctico das estratexias e enfoques da igualdade na xestión das políticas públicas e aprender procesos de mellora da xestión local a través de protocolos de actuación técnica municipal para integrar a igualdade de xénero como factor de calidade. O equipo docente estivo formado por Carmen Castro García, directora e Doutora en Economía especializada en políticas europeas de xénero; Paula Ríos Cubeira, Licenciada en Filoloxía Hispánica e Máster en Axente de Igualdade de Oportunidades; Monse Vilar Figueirido, Licenciada en Historia e DEA, e Anabel Santos Castro, Pedagoga e facilitadora.

Trátase dunha acción formativa para o persoal técnico do Concello prevista no novo Plan de Igualdade en vigor e desenvolvida con fondos europeos do programa EDUSI.