Festa Territorio das Mulleres

19 de Xullo de 2016
por: Concellaría de Igualdade. Concello de Santiago

A Concellaría de Igualdade sumouse ás festas do Apóstolo. Por primeira vez na cidade puidemos gozar dunha xornada reivindicativa nas festas grandes de Compostela: a Festa TM! 

A iniciativa foi programada o martes 19 de xullo, na Praza 8 de marzo, un lugar cargado de simbolismo no que festexar e reinvidicar a igualdade. Ao longo da velada, puidemos contar coas actuacións de dous grupos de mulleres con moito talento: a artista vasca de circo e treatro Shakti Olaizola e as raíñas do espectáculo poético musical galego Lucía Aldao e María Lado.

A xornada deu comezo ás 21:00h, con Shakti Olaizola, da súa man mergullámonos no mundo un tanto peculiar dunha rapaza, cheo de recordos, descubrimentos, reflexos, soños... Ás 22:30h chegou a quenda das dúas artistas galegas co seu espectáculo de poesía, música e humor ALDAOLADO: Pendanca e Oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade. Todo un luxo de espectáculos cos que gozar da cultura nas nosas festas máis sobresaíntes!

Foto xentileza de Aquilino Santiago.