Faise pública a composición do xurado da edición 2021 do Premio Xohana Torres
De conformidade coas bases do Premio Xohana Torres de Ensaios e Creacións Audiovisuais sobre a Memoria Histórica das mulleres de Compostela, o Concello de Santiago vén de facer pública a composición do xurado para esta edición 2021.
O xurado estará presidido por Mercedes Rosón Ferreiro, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, e contará coa participación de sete vogais: María do Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, por delegación do Reitorado da USC; Erika Jaraiz Guliar, profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía, da USC; Montserrat Pena Presas, profesora do departamento de Didácticas Aplicadas; Mª Pilar Jiménez Aleixandre, profesora Ad Honorem da Facultade de Ciencias da Educación; Patricia Fra López, profesora do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá; Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación; Diana Pelaz Flores, profesora do departamento de Historia. Exercerá como secretario Ricardo Rivera Capelo, por delegación do secretario xeral do pleno do Concello de Santiago, do 01/02/2022.