Exposición fotográfica "As que fomos"

26 de Abril de 2019
por: TM

No marco das accións impulsadas polo Concello de Santiago que teñen como obxectivo o apoderamento das mulleres do rural, organizouse unha exposición fotográfica que leva o nome de "As que fomos". Trátase dunha mostra itinerante composta por cinco paneis que recollen unha escolma de fotos da vida das mulleres que participaron nos obradoiros de título homónimo. Nestas sesións buscouse a recuperación da memoria histórica das mulleres e á vez a visibilización e posta en valor do seu traballo e dos seus logros. Ao mesmo tempo, esta acción presente que se recoñeza a contribución histórica das mulleres ao desenvolvemento da sociedade.

A exposición comezará no mes de maio en Verdía e rematará na parroquia de Marantes no mes de novembro, permanecendo en cada parroquia participante arredor de 15 días. Así, entre o 2 e o 16 de maio estará en Verdía, entre o 17 e o 31 de maio en Figueiras, entre o 3 e o 17 de xuño en Nemenzo, entre o 18 de xuño e o 2 de xullo n´A Gracia, entre o 1 e o 15 de outubro en Bando, entre o 16 e o 30 de outubro n´A Peregrina, entre o 1 e o 15 de novembro na Grixoa, e finalmente estará na parroquia de Marantes entre o 16 e o 30 de novembro.