Compostela TM no I Congreso de Diseño Gráfico de San Sebastian
Compostela, Territorio das Mulleres e Compostela en Negro foron dous dos proxectos presentados na comunicación La marca de un territorio feminista do estudio multidisciplinar de deseño e comunicación visual compostelán uqui.net no primeiro Congreso de Diseño Gráfico celebrado en San Sebastian os pasados días 18, 19 e 20 de xullo de 2016.
Nesta proposta analízase o subversivo da gráfica feminista cando esta é asumida polas institucións públicas e o público maioritario baseándose nas experiencias levadas a cabo dende a Concellería de Igualdade Compostela en Negro e Compostela, Territorio das Mulleres, campañas de deseño social contra a violecia machista e proxecto global de feminización e empoderamento da cidade, respectivamente.
O primeiro Congreso de Diseño Gráfico “Marcas gráficas de identidade corporativa” prentende reflexionar sobre como, nunha sociedade da imaxe na que o visualmente anónimo carece de validez, as marcas gráficas se presentan ante nós para actuar como mecanismos de re-significación do cotiá. Xa que, dalgunha maneira, unha marca gráfica é unha proposta de mellora das posibilidades de estar no mundo.