“Compostela, Territorio das Mulleres” en MORE Congress
A Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela e o seu proxecto “Compostela, Territorio das Mulleres” foi unha das iniciativas convidadas á participar no III Congreso Internacional sobre Arquitectura e Xénero MORE: Expanding architecture from a gender-based perspective que se celebrará na cidade de Florencia (Italia) os próximos días 26, 27 e 28 de xaneiro de 2017.
Este III Congreso quere consolidar o espazo de encontro e debate xa iniciado no 2014, creando conexións entre a teoría e a práctica e entre as administracións públicas e os outros axentes que participan na construción dos entornos urbanos pretendendo, nesta nova edición, dar visibilidade ás boas prácticas nas cidades e territorios con perspectiva de xénero realizadas dende a administración pública e que teñan como resultado transformacións inclusivas.
O foro proposto para o encontro de diferentes cidades onde difundir, debatir e contrastar experiencias a través de presentación e mesas de traballo, denominado “Cities Best Practices”, consistirá nunha serie de relatorios no que as cidades convidadas poidan constituir un referente para o resto de cidades asistentes. Unha oportunidade na que compartir experiencias con outras urbes pioneiras de países como Austria, España, Italia ou Colombia, que contribúe a dar unha inenudible proxección internacional á cidade de Santiago de Compostela.
*Fotografía de Alba Sotelo con traballo artesanal de Artezanat.