Catro axentes da Policía Local incorporaranse na primavera ao VioGén
9 de Xaneiro de 2020
A Policía Local de Santiago de Compostela comezou en decembro a formación específica, da man da Policía Nacional, co obxectivo de completala no primeiro trimestre do ano e incorporarse de modo "efectivo" ao sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero). O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo anunciou que serán catro @s axentes que se integren neste dispositivo, inicialmente coa custodia e o compañamento de vítimas de baixo risco. Traballarán mañás, tardes e fins de semana.
Para máis adiante quedará a creación dunha mesa de coordinación que asignará os casos entre Policía Local, Policía Autonómica e Policía Nacional.