Campaña 8 de Marzo. Compostela, Territorio das Mulleres
No ano 1975, a ONU celebrou por primeira vez o 8 de Marzo como Día Internacional das Mulleres. Esta data, que xa desde comezos do século XX fixaron no calendario internacional as reivindicacións dos movementos sufraxistas e sindicalistas de mulleres, adquiriu unha dimensión global desde o punto de vista institucional como espazo de converxencia das accións dirixidas a promover os dereitos das mulleres e a súa participación na vida política e económica.
Desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago consideramos que eses esforzos por converxer nas actuacións encamiñadas á promoción da igualdade deben basearse en traballar cunha perspectiva máis ampla e moito máis aló dun só día. Neste marco, propoñemos o desenvolvemento dunha campaña que abrangue varios meses, co obxectivo de traballar con diferentes colectivos e axentes sociais de Compostela para promover sinerxias e fomentar a participación social no deseño e execución do proxecto Compostela, Territorio das Mulleres.
Neste marco a Concellaría vai organizar diversos eventos: Literarias, ‘Vida Propia’, e o espectáculo Galadas dirixido por Mercedes Peón. Ademáis de recuperar o Premio Xohana Torres.