Actividades do Club C! vinculadas á programación de artes escénicas con perspectiva de xénero
O Club C! programa diversas actividades vinculadas á programación de artes escénicas do Auditorio de Galicia. Son actividades nas que a danza, o teatro, o corpo e o movemento son os motores principais e nas que a perspectiva de xénero é transversal a todas elas.
- #POÑER O CORPO. ELAS TAMÉN BAILAN: 25 de abril de 17:30 a 20:30 no Centro Xove da Almáciga *
Obradoiro de danza urbana dirixido a público mozo (especialmente a adolescentes e alumnado das escolas de danza) con perspectiva de xénero. É unha actividade que impartirán as compoñentes da compañía Elahood en relación ao espectáculo 'La soledad de Wally', cun primeiro repaso sobre a orixe do mesmo e a danza urbana dende a perspectiva das mulleres creadoras.
- #POSFUNCION: LA SOLEDAD DE WALLY: 26 de abril ao remate da función no Teatro Principal
O espectáculo teatral 'La soledad de Wally', pode verse no Teatro Principal o 26 de abril ás 20.30 h. Trátase dunha produción de danza urbana que indaga sobre por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós (máis información e venta de entradas aquí). Ao remate da función, o 26 de abril o público asistente poderá quedar no teatro para escoitar e charlar cas e cos convidados e co elenco.
- #POÑER O CORPO. ALMA (NON É HIPPIE). CORPO CONSCIENTE: 2 de maio na Sala Mozart (Auditorio de Galicia) de 18.00 a 21.00 *
Taller de empoderamento a través de técnicas circenses dirixido ao público adulto. O espectáculo ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento. Trátase do primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro.
O taller está enfocado ao público xeral sen necesidade de coñecementos previos en técnicas do novo circo: será un espazo de xogo e experimentación arredor do concepto de empoderamento, co corpo e o movemento como motores e será impartido polo elenco que protagoniza o espectáculo. Coa experimentación de diversos exercicios investigados durante o proceso creativo do espectáculo, adentrarannos na construción dun xineceo particular que nos achegará a compartir unha linguaxe propia, secreta. Dinámicas de danza contemporánea e acrobacia de grupo revelarán a forza do preciso e sutil, do risco e dos coidados. Unha relación de escoita interna e externa, do individual e do grupal, do aquí e agora.
A sesión cunha duración de 3 horas distribuirase en tres bloques de experimentación: 1) Exercicios sensoriais do interno-externo, da presencia e atención, actualización do que pasa, o espacio, @s outr@s e o agora. 2) Exercicios acrobáticos de confianza, do coidado do grupo, do respirar xunt@s. 3) Fíos conectores, traballo con cordas e a relación que se establece para co espacio e @s outr@s.
- #CONVERSANDO: O NOVO CIRCO, TAMÉN TERRITORIO DAS MULLERES: 3 de maio na Casa das Mulleres Xohana Torres de 18.30 a 20.00
Relatoras: reparto do espectáculo Alma (non é hippie), coa mediación de Belém Brandido, xestora cultural, produtora e distribuidora especializada en novo circo. O novo circo, territorio de creatividade, investigación e experimentación de novas formas nas técnicas circenses ten tamén os seus teitos de cristal. Cal é a situación actual das mulleres artistas e creadoras no sector? Existen aínda disciplinas con pouca presenza feminina? E a visión dos públicos sobre os roles creativos de homes e mulleres no circo?
- #CONVERSANDO: MARÍA LADO E IRIA PINHEIRO, ENTREVISTA BIDIRECCIONAL: 8 de maio na Casa das Mulleres Xohana Torres de 18.00 a 20.00
Anatomía dunha serea fala dunha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.
Iria Pinheiro, protagonista da peza, e María Lado, coautora, artellarán un diálogo que repasará a orixe do espectáculo, o proceso de escrita do texto e a(s) violencia(s) ás que como mulleres creadoras están expostas.
- #CONVERSANDO: NIN TOLAS NIN HISTÉRICAS: CONSECUENCIAS DA VIOLENCIA OBSTÉTRICA: 9 de maio na Casa das Mulleres Xohana Torres de 18.00 a 20.00
A relatora será Martina González, psicóloga, sexóloga e terapeuta de parella. Que é a violencia obstétrica? Como identificala? Cales son as súas consecuencias? Afondaremos sobre todas estas cuestións nun faladoiro aberto e participativo no que convidaremos tamén a colectivos que traballan contra as violencias arredor do corpo e os procesos reprodutivos das mulleres.
* Para participar nas actividades #POÑER O CORPO. ELAS TAMÉN BAILAN e #POÑER O CORPO. CORPO CONSCIENTE é preciso inscribirse no correo comunicacion@auditoriodegalicia.org