Resumo en vídeo da xornada "Mulleres mudando a balanza"

11 de Marzo de 2019
por: TM

Resumo en vídeo da xornada de Talentia celebrada o mércores 6 de marzo "Mulleres con talento transformando o mundo" no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela

Coa participación de:

Lucía Freitas, chef con Estrela Michelín
Cociñeira compostelá que conseguiu cumprir o seu soño: abrir o seu propio restaurante. Tras anos de duro traballo, en 2018 foi recoñecido cunha Estrela Michelín. A súa afouteza e seguridade son os ingredientes que lle permitiron alcanzar este prestixioso galardón.

Aurélie Salvaire, experta en diversidade e xénero
Importante activista, autora, conferenciante e fundadora de diversas empresas para a igualdade de xénero. Pragmática e clara loitadora pola diversidade e a inclusión das mulleres e a innovación social. ShiftBalance ou TEDxBarcelonaWomen son algunhas das súas iniciativas para capacitar mulleres líderes.

Elena Ferro, deseñadora de moda
Emprendedora, perseverante e innovadora. Elena reinventou por completo os tradicionais zocos de madeira ata levalos ás principais pasarelas de París. Con esforzo, paixón e creatividade deseñou un calzado único que está a transpasar fronteiras.

Luz Castro, informática
Enxeñeira informática e socia fundadora da empresa tecnolóxica imaxin|software, e das asociacións Videoxogo.gal e Startup Galicia. Foi recoñecida co premio Ada Byron pola súa implicación na participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía.