Se tes un hotel, un restaurante, un bar, un comercio ou es unha entidade ou persoa do sector cultural da cidade:
1. Le o documento de Boas Prácticas do teu sector: Hostalería, Comercio ou Cultura
2. Se estás de acordo, cubre o formulario de adhesión
3. Poñerémonos en contacto contigo para contarche todos os detalles.
Se tés dúbidas sobre o proceso ou queres achegar outra información como servizos, institucións ou mulleres destacadas que consideres que deben formar parte do noso mapa envíanos a información aquí.
Últimos materiais
incorporados ao arquivo
Guía-resumo que dá conta da acción municipal de goberno encamiñada á promoción de políticas feministas en Santiago de Compostela ao longo do mandato 2015-2019.
Compostela, Territorio das Mulleres constitúe unha intervención singular na cidade, que busca multiplicar as iniciativas en materia de igualdade e maximizar o seu impacto social.
Estudo elaborado polo Observatorio de Igualdade de Xénero no que se analizan as violencias machistas na adolescencia temperá.
Desde o ano 1992 ata o 2011, o Concello de Santiago convocou de forma ininterrompida o premio Xohana Torres, unha convocatoria anual que serviu para premiar moitos traballos de investigación ou ensaio (humanísticos, social, científico) sobre a historia e o papel das mulleres no ámbito de Galicia.