Woman Emprende

Campus Vida, Edificio Emprendia / Tel.: 881 815 560 - 881 815 561
[3/7062]
  • Woman Emprende - Territorio das Mulleres

O Programa de Emprendemento Feminino da Universidade de Santiago de Compostela (Woman Emprende) é unha rede para desenvolver, dentro do programa UNIEMPREDE, unha plataforma de traballo para potenciar a creación de empresas no ámbito universitario, e conseguir resultados de participación das mulleres en correlación coa súa cota de participación na universidade. O seu obxectivo consiste en conseguir que a porcentaxe de mulleres emprendedoras sexa similar á de mulleres univesitarias. É, polo tanto, un programa transversal de dinamización do emprendemento feminino universitario. 

Woman Emprende constitúe unha plataforma de análise, reflexión e debate para analizar o desequilibrio que se produce no emprendemento, cuxa misión principal consiste en potenciar maiores cotas de emprendemento feminino no marco da Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén é un lugar de reflexión sobre temas vinculados ao emprendemento de base tecnolóxica promovido por mulleres. Conta cunha metodoloxía propia que recolle os procedementos que se poden empregar nas nosas universidades para ofrecer un asesoramento ao emprendemento que incorpore a perspectiva de xénero (Innovatia 8.3).

O equipo de Woman Emprende está formado por un grupo de profesionais cualificadas e con gran experiencia no ámbito do emprendemento universitario que poden asesorar desde o momento da idea ata a posta en marcha, pasando polo estudo de viabilidade e o plan de empresa.